CAMBADOS> Cambados acollerá as sextas xornadas de Tdah Salnés nas que se informará, formará e axudará para afrontar este trastorno. As xornadas celebraranse o día 29 no auditorio da vila e contará coa participación de expertos da materia como os doutores Eirís e Ferández Sastre. Para a organización esta celebración é o eixo central da súa actividade anual.
O concello de Cambados tomará o relevo de Ribeira como sede da sexta edición das xornadas Tdah Salnés. Baixo o lema “Ti tamén formas parte do Tdah”, as xornadas estarán enfocada a formar, informar e axudar a facer fronte a este trastorno.
A xornada terá lugar o día 29 de outubro e polo auditorio de Cambados pasarán importantes expertos deste trastorno como os doutores Eirís e Fernández Sastre. A variedade de relatores permitirá tocar todos os campos nos que afecta o Tdah.
E dentro deses campos hai dous nos que afecta especialmente. Un deles é nas escolas, onde o bulling é o principal inimigo.
E outro é na dificultado que existe para diagnosticar o Tdah nas mulleres.
As xornada están abertas a todos os públicos, con especial interese para familiares, profesionais da ensinanza e os propios usuarios. Para pechar o acto farase membro de honra ao doutor Ángel Carracedo.