Martín Códax presenta unha ampla programación de verán para gozar na súa terraza de viño, música, gastronomía e natureza

CAMBADOS> Martín Códax celebrará diferentes eventos ao longo deste verán para atraer visitantes a súa adega. A programación estival da compañía mantén os exitosos Xoves de Códax e as Tardes do Atlántico. A novidade deste ano son Os Seráns en Códax. Un evento que terá lugar os venres para gozar de viño e de postas de sol dende a terraza da adega.

O verán chegou á terraza de Martín Códax. Dende a adega teñen preparada unha ampla programación para atraer visitantes a gozar do seu viño nas súas instalacións. Entre a programación atópanse dous eventos que se manteñen de anos anteriores. O máis coñecido son os Xoves de Códax.

Dende mediados de xullo ata finais de agosto, polos xoves de Códax pasarán artistas de varios estilos musicais.

O outro evento que se mantén e que xa está en marcha son as Tardes do Atlántico.

Ante o éxito deste evento a tempada pasada, a organización decidiu dobrar a capacidade de ocupación.

E  a gran novidade de este ano son os Seráns de Códax que se celebrarán os venres e permitirán maridar os viños da adega coas posta de sol con vistas á ría.

Dende a adega non adiantan cales serán esas sorpresas, pero si aseguran que os asistentes poderán gozar dunhas vistas de sol especiais.

Para as adegas, estes eventos permiten promocionar os seus viños dunha forma agradable.

Tralo éxito da primeira xornada das Tardes do Atlántico e tras vender tódalas entradas dos xoves de Códax para o mes de xullo, a adega agarda que os eventos acaden cifras de asistencia moi altos. Ademais desta programación, dende Martín Códax tamén teñen aberta a súa terraza ao público xeral para que calquera persoa se acheguen de martes a sábado a gozar dos seus viños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí