Unha mariscadora de Cambados triunfa nas redes sociais cos seus vídeos mariscando

CAMBADOS> A dureza do traballo das mariscadoras queda rexistrado grazas a María Fontán Unha traballadora do mar que grava en vídeo as súas tarefas de recollida de ameixa. Os seus vídeos están causando gran relevo nas redes sociais, especialmente un dos últimos que realizou en metade dun temporal.

Non se é consciente do duro traballo que realizan as mariscadoras ata que o vives en primeira persoa. Como non todo o mundo pode dedicarse á profesión e baixar con elas ao mar, unha mariscadora de Cambados, aínda que pertencente á confraría do Grove, encárgase de visualizar o seu traballo. Ela é María Fontán, e dende o 2019 publica nas redes sociais fotos e vídeos da súas xornadas de marisqueo.

Os seus vídeos móvense entre as 5 mil e as 10 mil reproducións, pero hai unhas semanas gravouse traballando en metade dun temporal e as reproducións roldaron as 300 mil.

Con estes vídeos, ademais de mostrar o seu traballo, María tamén quere que poñer en valor o oficio das mariscadoras.

A resposta da xente tamén é moi boa, especialmente daquela que non coñece a labor das mariscadoras.

María tamén desexa que as administracións sexan consciente das dificultades que teñen no seu traballo as mariscadoras e que aumenten así a súa protección.

María continuará realizando vídeos xa que lle permite mesturar as súas dúas paixóns, o marisqueo e as publicacións en redes sociais. Os interesados ou interesadas en ver o seu traballo poden facelo a través das diferentes redes sociais no perfil de mariscadora 2.0.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí