A exposición ‘Auga O sangue da terra’ chega a Portosín

PORTO DO SON> A mostra inaugurada esta mañá na casa de cultura de Portosín recolle unha trintena de imaxes captadas pola cámara do fotógrafo lugués Manuel Varcárcel.

A través delas reflíctese a importancia do uso racional e responsable da auga. Foron tomadas polo autor en diferentes zonas do noso planeta como é o caso do deserto de Atacama, a India ou China.

A mostra tamén ten un espazo solidario, convidando a tódolos visitantes que vaian a vela, a que colaboren coa doazón de alimentos non perecedoiros que se entregarán posteriormente a entidades sociais para o seu reparte entre as familias que o precisen.

O alcalde, Luís Ojo, agradeceu Afundación Obra Social de Abanca, o feito de ter atendido a súa solicitude para poder acoller esta exposición que fai reflexionar ó que a visita da importancia de coidar a natureza e os recursos naturais.

A mostra ‘Auga. O sangue da terra’ poderá visitarse na casa de cultura de Portosín ata finais de novembro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí