O concello da Pobra asumirá a xestión directo do servizo de axuda no fogar

A POBRA> O concello da Pobra dá un novo paso adiante na municipalización do servizo de axuda no fogar. Esta tarde levou a pleno a memoria técnica que avala a xestión directa dende o punto de vista xurídico, económico e social.

A finais de ano materializarase un dos grandes proxectos do executivo pobrense no que a concellería de Servizos Sociais leva máis dun ano traballando. A municipalización do servizo de axuda no fogar implicará un aforro anual de 95 mil euros para as arcas municipais así como importantes vantaxes tanto para traballadores como usuarias. Por unha banda, tódalas profesionais pasarán a formar da plantilla do concello mellorando as súas condicións laborais.

Polo que respecta ó plano social, os usuarios contarán cun servizo máis personalizado favorecendo o arraigo o diminuír a rotación do persoal sendo sempre as mesmas auxiliares as que acoden a cada domicilio.

Se a tramitación segue os pasos previstos, o concello agarda iniciar a subrogación das traballadoras a primeiros de decembro polo que a partir do próximo ano o servizo pasará a depender exclusivamente da xestión pública.