Lousame volverá a encherse de maxia este mes de novembro

LOUSAME> O Festimaxia é un dos habituais da programación cultural en Lousame por estas datas, que regresa ano tras ano, debido ó éxito e a boa acollida que teñen os distintos espectáculos programados.

A primeira das actividades previstas será xa este próximo sábado na casa de Cultura, ás seis da tarde coa actuación do mago Teto, co espectáculo ‘O Afiador 2.0’

Unha das novidades da edición deste ano é que o Festival contará presenza de dous ilusionistas de ámbito nacional como é o caso de Patri Zenner e Víctor Cerro

Ademais dos espectáculos, o festival contará tamén con actividades paralelas, como é o caso de obradoiros de maxia para nenos e unha exposición de cartelería antiga, entre outras.

Aínda que son de balde, as persoas interesadas deberán retirar a entrada previamente para cada espectáculo a través da web de bandoticket.

Para máis información os interesados poden consultar tamén a web municipal: www.concellodelousame.gal.