A reforma da estrada na zona de Cobas, en Meaño, reforza a seguridade viaria

MEAÑO> A mellora da seguridade viaria é o eixo da reforma da estrada que une Cobas con Padrenda, no Concello de Meaño. Aquí creouse unha senda peonil nun treito de case un quilómetro, ao tempo que se creou unha pequena praza e outra zona de convivencia peonil. Unha intervención moi agardada, tendo en conta que a estrada é moi frecuentada polos clientes que se achegan aos distintos furanchos da zona.

A actuación supuxo tamén a construción desta rotonda na zona de Padrenda, eliminando así unha perigosa intersección. En conxunto, a actuación supuxo un investimento de algo máis de medio millón de euros, financiada ao 70% pola Deputación de Pontevedra.

Esta non é a única actuación conxunta entre a Deputación e o Concello. Nestes momentos tamén está en marcha esta outra reforma na zona de Cobas.

Neste caso, o proxecto ten un orzamento de case 290.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí