A mellora do Pozo do Chalón será acometida con cargo ó POS+ 2018

MUROS> O executivo muradán decidiu incluír esta actuación que ascenderá a uns 180 mil euros.

Xunto coa rehabilitación do Cine París, a reforma do Pozo do Chalón é tamén unha das actuacións máis importantes das incluídas na relación de obras a desenvolver con cargo ó POS+ da Deputación para este ano 2018. Segundo a alcaldesa, María Xosé Alfonso trátase dunha obra amplamente demanda, que por unha ou outra razón aínda non puidera levarse a cabo. Ademais de mellorar a imaxe deste espazo na que se atopa un antigo lavadoiro, a actuación permitirá tamén resolver os problemas de recollida de pluviais.

Dentro das actuacións a realizar con cargo ó Plan Único deste ano figura tamén a mellora da praza do Cristo na parroquia de Tal e labores de mantemento e conservación na totalidade das infraestruturas deportivas municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí