Vilagarcía arrancará o nadal comprometido co aforro enerxético e a sustentabilidade

VILAGARCIA> Vilagarcía arrancará mañá o nadal co prendido das luces. A vila conta con 20 espazos decorados para espertar a ilusión de nadal entre a veciñanza e visitantes. Tamén organizarán diferentes actos como a chegada de Papa Noel ou dos Reis Magos.

O nadal xa está aquí e en Vilagarcía comezará este venres. A vila prepara un acto para prender as luces festivas do municipio dende a praza de Galicia. A xornada que será retransmitida en streamig, para chegar aos vilagarciáns que non poidas gozar das festas na súa vila. O prendido marcará un inicio de nadal que virá marcado polo aforro enerxético e a sustentabilidade.

O aforro enerxético e sobre todo a sustentabilidade tamén quedará patente nos decorados de nadal. A vila presenta 20 espazos con adornos típicos destas festas feitos con materias renovables.

En canto á programación, a vila adiantou algúns actos como a chegada de Papa Noel. Que percorrerá en carrozas as rúas da vila.

Dende o concello quixeron matizar que dentro das súas posibilidades para alumear a vila, deron prioridade a aquelas zonas onde se atopan os locais hostaleiros ou os comercios. Matizan que é moi importante nestas datas apoiar aos negocios de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí