Roupa, libros, decoración e moito máis no primeiro mercado de segunda man de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O Día das Letras Galegas Vilagarcía acollerá un gran mercado de segunda man. Chámase ‘Vilabela’ en el poderemos atopar produtos de todo tipo, dende roupa a vaixelas, pasando por bicicletas ou libros, sumando 85 postos. A proposta nace dun grupo de particulares, co apoio do concello. Vai estar instalado ao longo de toda a xornada na praza da verdura.

Se o 17 de maio, logo de celebrar as nosas Letras Galegas, non teñen plan, poden achegarse ata a praza da verdura de Vilagarcía. Dende as 11 da mañá e ata as 9 da noite alí van instalar Vilabela. Trátase da primeira edición dun mercado composto exclusivamente por produtos de segunda man.

Porque a iniciativa tamén busca fomentar entre a veciñanza esa filosofía de darlle unha segunda vida ao que xa outros non precisan e fomentar un consumo responsable. Pretende tamén que sirva de exemplo para os máis novos que tamén están implicados no mercado.

A actividade xurdiu da iniciativa dun grupo de particulares, colleitando axiña un gran éxito ata completar os 85 postos dispoñibles. Conta co apoio do concello.

O mercado conta tamén cunha parte solidaria porque nel participan catro ONG con cadanseu posto. Son a Fundación Andrea, a protectora de animais de Vilagarcía, a Fundación ‘Amigos de Galicia’ e  Asociación Galega de Linfedema.