Marín reabre o pavillón do Sequelo trala súa renovación integral

MARÍN> O pavillón do Sequelo, en Marín, xa luce nova imaxe. Esta mañá foron inauguradas as instalacións trala ampla reforma: mellora da eficiencia enerxética, da accesibilidade, reforzo da estrutura, renovación da cuberta e das fachadas e posta a punto da pista deportiva. A intervención contou cun orzamento de 725.000 euros.

A Deputación de Pontevedra dá por rematadas as obras de reforma do pavillón do Sequelo, no concello de Marín. A intervención supuxo unha reforma integral das instalacións.

A actuación consistiu na mellora da eficiencia enerxética, da accesibilidade, no reforzo da estrutura, na renovación da cuberta e das fachadas e na posta a punto da pista deportiva.

Co pavillón de Sequelo acabado, o concello xa pensa na seguinte intervención. Segundo a alcaldesa María Ramallo, o goberno local ten a mirada posta no pavillón da Raña e na bancada do campo de fútbol de San Pedro.

O proxecto contou cun orzamento de 725.000 euros: 250.000 do Plan +Provincia, mentres que os 480.000 euros restantes proceden de fondos europeos.