MARÍN> A Fundación Xoán XXIII celebra o éxito dos primeiros meses da posta en funcionamento do seu proxecto Botánico do Lago. Dende abril a entidade mantén aberto un garden no Lago Castiñeiras atendido por persoas con discapacidade intelectual. Un proxecto con vertente social, educativa e ambiental con máis fases por diante.
Hai menos de seis meses que o Garden do Botánico do Lago Castiñeiras é unha realidade. O proxecto encabezado pola Fundación Xoán XXIII abriu as súas portas no mes de abril.
Xerar emprego de calidade, promover o desenvolvemento local e fomentar unha xestión sustentable do medio forestal, son os tres obxectivos que están detrás deste proxecto. Todo creando oportunidades laborais dignas e dando visibilidade ao potencial das persoas con discapacidade en eidos produtivos.
Ricardo Lois é un destes traballadores do Garden. Non tiña experiencia laboral previa neste sector ata que chegou a este proxecto da Fundación Xoán XXIII.
Pero o traballo que se realiza no Garden non é só o coidado e venda de plantas. O proxecto ten unha forte vertente educativa e social, con programas de sensibilización dirixidos a escolares e outros colectivos. Así o conta Daniel Piñón, outro dos traballadores.
No desenvolvemento deste Botánico do Lago, a Fundación Xoán XXIII conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra. Con ela teñen outros dous convenios en marcha.
A pesares do avanzado en tan só cinco meses dende a súa apertura, o proxecto ten unha folla de ruta clara. O seguinte paso: abrir a cafetería.
Social, educativa, ambiental, económica, turística e mesmo de ocio, son algunhas das diferentes vertentes deste Botánico do Lago. Un proxecto ambicioso pero que dende a Fundación Xoán XXIII agardan que lles traia moitas alegrías.











