A POBRA> A protectora Moura celebrará este sábado un festival benéfico na Pobra. O obxectivo é recadar fondos para facer fronte á débeda en gastos veterinarios que acumula a entidade tras dous anos sen poder organizar actos solidarios por mor da pandemia.
Aqueles que desexen aportar o seu gran de area en beneficio dos animais ademais de disfrutar dunha noite de música non teñen máis que achegarase ata a carpa instalada na praza maior da Pobra este sábado. A protectora Moura celebrará o seu festival benéfico no que a través das consumicións e a venda de rifas recadarán fondos para facer fronte ós gastos cotiás da entidade.
Son tres os grupos que poñerán a nota musical: Pito de Pikasso, a Duendeneta e os Bar Ban Sónicos, que colaboran desinteresadamente coas súas actuacións.
O concello da Pobra, ademais de ceder o uso das instalacións porá a disposición da organización as mesas de son e iluminación para a celebración dos concertos.
Aqueles que non poidan asistir ó festival teñen ocasión de colaborar igualmente a través da fila certo facendo un donativo no número de conta da protectora.