A POBRA> Os nenos da Pobra terán ocasión de ver ós Reis Magos por tres vías. Ademais da cabalgata tradicional polas parroquias haberá unha recepción na praza Segundo Durán. Aqueles nenos que estean confinados e non poidan saír recibirán unha chamada para as sáus maxestades.
Malia que a pandemia impide a celebración de cabalgatas multitudinarias, o concello da Pobra propón tres alternativas para que ningún neno quede sen ver ós Reis Magos. Poderán facelo en persoa na Cabalgata que dende as tres menos cuarto percorrerá tódalas parroquisa. O primeiro treito establece paradas entre a Corna e O Campiño para proseguir entre Lesón e Santa Cruz. A partir das catro e cuarto visitarán diferentes puntos entre Ruopión e Tarrío e posteriormente dende Virxe do Monte ata Vilas cun treito dfinal entre Santo Isidro e o centro da Vila.
Para asistir á recepción é preciso rexistrarse previamente na web do concello e retirar a invitación na que se indica o horario e o rei que recibirá a cada neno.
Para recibir a chamada das súas maxestades tamén será necesario rexistrarse previamente a través dun formulario aloxado na web municipal. O concello retransmitirá tódalas actividades por streaming a través das súas redes sociais.