IC Boiro pide medidas para garantir a inclusión neste Nadal

BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro solicítalle ó Concello que tódalas actividades da programación de Nadal que se organicen no municipio teñan un espazo reservado para as persoas con algún tipo de discapacidade. Dende a formación tamén piden que a Cabalgata sexa en silencio para a inclusión das persoas con Trastorno do Espectro Autista.

O desexo de IC Boiro para este Nadal é a inclusión. Por esta razón, solicita ó concello que tódalas actividades da programación cultural e festiva teñan en conta ás persoas con discapacidade. Piden que se reserve un espazo acoutado para que poidan gozar dos espectáculos sen problemas de visibilidade e sen obstáculos que impidan a súa mobilidade así como se habilite unha cola inclusiva para minimizar as esperas dos nenos con diversidade funcional.

Así mesmo, como xa fixeran o pasado ano, demandan que un treito da cabalgata de Reis se realice en silencio para os nenos con trastorno do espectro autista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí