O conselleiro de Sanidade pide a Caldas que traslade ao Ministerio as queixas pola falta de médicos no PAC

CALDAS> O concello de Caldas toma medidas ante a falta de médicos no seu Punto de Atención Continuada. O pleno municipal aprobou por unanimidade o pagamento de gastos sanitarios básicos aos veciños sen recursos que non poidan ser atendidos no centro de saúde pola falta de persoal. Hoxe o conselleiro de Sanidade aseguraba respectar a medida e pediu ao alcalde que dirixa as súas queixas tamén ao goberno central.

O concello de Caldas pagará os gastos sanitarios básicos aos seus veciños sen recursos que non poidan ser atendidos no punto de atención continuada da localidade. A medida foi aprobada onte por unanimidade no pleno municipal ante a falta de médicos no PAC, contando incluso cos votos dos concelleiros do Partido Popular.

Comesaña insistiu no argumento que dan dende a Consellería de Sanidade: non hai especialistas en medicina comunitaria polo que é preciso formar máis médicos. Así que pediu ao alcalde de Caldas que traslade as súas queixas tamén ao Ministerio de Sanidade.

O conselleiro asegurou que se non es contratan máis médicos é porque non hai facultativos dispoñibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí