BOIRO> Seguen as augas revoltas polo concello de Boiro. Hoxe o voceiro de Iniciativa Cidadá, Manuel Velo, quixo saír ós medios para explicar o seu posicionamento ante unha posible moción de censura. Velo pide entrar no goberno e ter responsabilidades.
Agora a pelota está enriba do tellado do PSOE. Manuel Velo esixe entrar no executivo municipal e ter responsabilidades. Di que Boiro necesita un goberno forte, e que os cinco edís actuais dos socialistas son insuficientes para sacar adiante o que Boiro necesita.
O voceiro de Iniciativa Cidadá sinala ademais que non é un tema novo para alcalde, Xosé Ramón Romero. E algo no que leva insistindo dende comezos do actual mandato. Por iso propiciou a súa investidura.
E mesmo chega a dar prazas. Se en tres semanas non obtén resposta, non descarta marcharse e deixar a súa acta de concelleiro. O que veña a partir de aí xa non é cousa súa…afirma.