A Pobra conmemora o Mes da Galiza Mártir con diversos actos

POBRA> A concellería de Memoria Histórica desenvolverá ó longo deste mes de agosto unha programación específica coa que festexar o Mes da Galiza mártir, na que se conmemora o asasinato de histórico galeguista Alexandre Bóveda.

A primeira das actividades terá lugar o día 9 coa representación de ‘A Señora de Forcadela’ a cargo da compañía teatral Os Quinquilláns, no teatro Elma, ás nove da noite.

Os actos terán continuidade o día 17 de agosto, data na que se conmemora o propio Día da Galiza Mártir, primeiro coa tradicional ofrenda floral na rúa Alexandre Bóveda, e posteriormente nos Xardíns de Valle-Inclán coa exposición do bosquexo da que será a escultura pola memoria histórica realizada polo artista local Manuel Teira baixo encargo do Concello, e cuxa inauguración oficial está previsto para o mes de novembro.

A última das actividades será o día 25, coa proxección do filme ‘Reboiras. Acción e corazón’, de Alberte Mera no teatro Elma, ás oito da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí