VIP demanda a mellora da estrada que une a Gándara con Lesón

POBRA> A solicitude de mellora da estrada que une o lugar da Gándara con Lesón é unha demanda xa solicitada por VIP dende hai tempo, pero pola que, aínda non obtiveron resposta por parte do executivo local.

Din recoller o malestar dos veciños da zona que a diario empregan esta vía, que presenta un estado de abandono importante, con numerosas fochancas en todo o seu trazado,  que dificultan tanto o tránsito de peóns coma de vehículos.

Dende a formación agardan que a súa queixa obteña o mesmo resultado que as denuncias realizadas anteriormente, que a base de insistir, conseguiron o obxectivo desexado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí