Cambados renova farois e instala placas solares para reducir a súa factura da luz

CAMBADOS> Cambados toma medidas para reduci-la súa factura da luz. O Concello está a levar a cabo a renovación do alumeado público nas zonas de Castrelo e Oubiña. Contemplan tamén o cambio doutros 300 puntos de luz por todo o municipio, no polígono industrial e no campo de fútbol do Pombal. Ademais, está previsto a instalación de paneis solares en ata catro edificios de titularidade municipal, entre eles, a piscina e a propia Casa do Concello.

Cambados ten en marcha neste momento un plan de aforro enerxético que busca reduci-la factura de luz do concello. A principal medida pasa pola renovación do alumeado público en distintos puntos do concello, mudando os farois por outros de tecnoloxía led. Nas zonas de Castrelo e Oubiña, estanse investindo 200.000 euros nesta mellora.

O cambio de luminarias tamén está previsto no polígono industrial e no campo de fútbol do Pombal. Na mesma liña, vanse renovar farois noutros 300 puntos de luz por todo o concello. Neste caso con fondos propios, cun investimento de 15.000 euros.

Outro dos piares deste plan de aforro enerxécito pasa pola instalación de paneis solares en instalacións públicas de titularidade municipal.

Con todas estas medidas, di o alcalde, Cambados logorará un aforro ‘significativo’ na factura da luz. Estima que o cambio podería supoñer entre un 50 e 75% de aforro respecto do consumo actual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí