Política Social destinou medio millón de euros á mellora da residencia da Pobra

A POBRA> A Conselleira de Política Social visitou a residencia da terceira idade da Pobra na que o seu departamento investiu medio millón de euros para a reforma exterior do inmoble. Fabiola García anunciou unha segunda fase para a mellora interior das instalacións así como a inminente execución do proxecto da residencia comarcal.

Os 40 habitantes da residencia da Pobra disfrutan agora dunhas condicións moito máis confortable grazas á reforma exterior do edificio. A Consellería de Política Social acometeu a envolvente térmica do inmoble e a substitución da cuberta e das fiestras cun investimento de medio millón de euros.

Efectivamente, a conselleira confirmou que está previsto executar unha segunda fase que para o acondicionamento interior da residencia coa renovación da carpintería e remodelación das estancias en que se distribúe, Pero non será esta a única actuación en materia de maiores na comarca posto que, unha vez concluída a demolición da antiga discoteca, Hesta Kurba, a Xunta iniciará en breve a construción da que será a primeira residencia adaptada ó novo modelo de coidados.

Ademais da aposta pola terceira idade, Fabiola García lembrou tamén as actuacións que está a desenvolver Política Social en beneficio dos menores. Referiuse concretamente ó recentemente inaugurado punto de encontro familiar de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí