A Mancomunidade do Salnés busca converterse nun referente no petfriendly coa campaña Camiña Conmigo

A ILLA> A mancomunidade do Salnés camiña para converterse nunha referencia no petfriendly, o turismo de mascotas. O organismo comarcal presentou na Illa a campaña Camiña Comigo, que xa tivo unha gran repercusión tralo seu paso por fitur. Esta campaña busca fomentar o turismo na comarca entre aquelas persoas que viaxen cos seus animais domésticos.

A mancomunidade do Salnés presentou en fitur con moito éxito a campaña Camiña conmigo, centrada no petfrliendly, o turismo con mascotas. Tras a súa estrea en Madrid, a mancomunidade deu a coñecer a campaña na comarca este xoves dende a Illa de Arousa. Nun acto dirixido polo humorista e actor Carlos Blanco.

A mancomunidade céntrase neste turismo tras ver como aumentou a súa demanda trala pandemia.

A campaña preséntase a través de dous vídeos, nun deles con declaracións de hostaleiros da comarca que poñen en valor a importancia de viaxar e recibir ás mascotas. A mancomunidade busca converterse en pioneira e referente deste turismo.

Ademais, este turismo tamén axuda á desestacionalización.

Cada vez son máis os establecemento que aceptan a mascotas no seu interior, incluso con comida ou habitacións adaptadas para elas. Estes locais poden consultarse na mancomunidade do Salnés.