Pomtecesures> Pontecesures presenta unha renovada vinte cinco edición da festa da lamprea do Ulla. A principal novidade é que o evento incluirá un menú degustación con varios pratos diferentes para saborear a lamprea de maneiras diferentes e non so á bordelesa. A carpa tamén contará este ano con mesas e asentos ademais de cubertos reciclables para gozar do produto con comodidade e coidando o medio ambiente. Iso si, a festa, que se celebrará o 25 e 26 de marzo, pode vir marcada por uns prezos altos ante a escaseza de capturas.
O concello de Pontecesures levaba tempo querendo dar un pulo á festa da lamprea do Ulla e por fin este ano poderá levalo a cabo. O goberno local presenta importantes melloras para a vinte e cinco edición desta festa gastronómica. A primeira novidade será que a lamprea poderá degustarse en tres elaboracións diferentes.
A outra novidade será que a carpa habitual na que se realiza a festa contará este ano con mesas, cadeiras e cubertos reciclables para desgustar a lamprea con comodidade e coidando o medio ambiente.
O evento pode vir marcado polos prezos e a escaseza do produto debido á baixa pesca da lamprea.
A festa terá lugar a fin de semana do 25 e 26 de marzo e complementarase con outra das novidades, a celebración de actividades para animar ao público. Entre elas destacan un showcooking para dar a coñecer a elaboración da lamprea e tamén obradoiros para ensinar aos máis pequenos como é o ciclo de vida e a captura deste peixe.