PONTECESURES> Pontecesures comeza unhas festas do Carme que veñen con novidades. O concello realizará un homenaxe á bandeira de amigos da liga de amigos do Carme durante os festexos. A celebración tamén inclúe a X Festa do churro onde se elaborarán máis de 20 mil unidades deste produto.
O concello de Pontecesures dará comezo este venres as súas festas do Carme. A vila recupera os seus festexos tradicionais e o fai cunha novidade. O concello homenaxeará á bandeira da liga de amigos do Carme, recentemente restaurada polo museo de Pontevedra.
Nos festexos non faltarán as misas e as procesións en homenaxe á virxe do Carme. Serán unhas festas especiais no que a veciñanza poderá volver a gozar cos seus amigos e familiares.
A celebración tamén recuperará a X Festa do churro, un evento destinado a poñer en valor este produto tan importante para a vila.
A programación complementarase coas diferentes actuacións musicais como a Duendeneta este venres, a Oca Band e Codday o sábado e Animus discotecas móbiles o domingo. O sábado ademais haberá un espectáculo musical e cómico no que participarán Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Lucía Pérez e Pili Panpín.