Poio recupera a homenaxe ás muelleres da vila nas actividades de conmemoración do 8M

POIO> Visibles, empoderadas e iguais, mulleres de Poio 2023. Con este slogan o goberno local da vila presenta as actividades que realizará ao longo do mes de marzo para conmemorar o 8m. O acto principal, ademais da lectura do manifesto, será a homenaxe ás mulleres de Poio. Un acto no que se premiará e se porá o foco nas historias de cinco mulleres da vila, cada unha dunha parroquia diferente.

O concello de Poio realizará diferentes actividades durante o mes de marzo para conmemorar o 8m. Baixo o lema visibles, empoderadas e iguais, mulleres de Poio 2023, o goberno local presenta unha programación que xirará en torno ao manifesto do 8m e a homenaxe, tras dous anos de parón, ás mulleres da vila.

En total serán cinco as mulleres homenaxeadas o día 10 de marzo no palacete da Besada, cada unha dunha parroquia diferente. A concellería de igualdade quere poñer en foco as súas historias para mostrar o seu papel imprescindible na sociedade.

Ese mesmo día terá lugar a presentación do libro Vivencias de Muller. O resto de mes realizaranse actividades cos centros educativos na que se contará a historia das mulleres homenaxeadas de Poio.

Esta campaña está máis centrada nos centros de primaria, xa que se contará nos diferentes colexios a través de contos para chegar aos máis pequenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí