O concello de Ribeira ultima a compra dunha parcela en Cubeliños para o futuro centro de saúde

RIBEIRA> O concello de Ribeira está a ultimar a compra dunha parcela en Cubeliños para construír o futuro centro de saúde. Trátase dun solar de 4 mil metros, situado ó carón da escola infantil.

Tras realizar unha serie de xestións coa Sareb, propietario da parcela, e conseguir unha rebaixa de aproximadamente 300 mil euros, o concello de Ribeira agarda poder completar con éxito a compra destes terreos para acoller o futuro centro de saúde da localidade.

Trátase dunha zona próxima ó centro urbano, con varios aparcadoiros nas súas inmediacións e que podería ver mesmo melloradas as súas comunicacións coa apertura dunha rúa que habilitaría novas prazas de estacionamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí