O BNG de Vilagarcía presenta ás mulleres que formarán parte da súa candidatura

VILAGARCIA> O BNG presenta ás mulleres que formarán parte da súa lista en Vilagarcía. Na candidatura destaca o regreso de Rosa Abuín á primeira liña política como número dous. En vistas ao 8M a formación reclama o impulso dos plans de igualdade e de infraestruturas que permitan ás mulleres conciliar a súa vida laboral e profesional. Tamén presentarán unha moción no pleno municipal para mudar o nome da rúa Conde Vallellano por rúa 8 de marzo.

O Bng de Vilagarcía presenta as mulleres que formarán parte da candidatura liderada por Xabier Rodríguez. Na lista destaca o regreso á primeira liña de Rosa Abuín que partirá como número dous. A formación nacionalista contará no seu equipo con María Eulalia González, Rocío Méndez, Ortensia Rodríguez e Loaira Sánchez. As candidatas preséntase denunciando as diferencias no eido laboral que en prexuízo das mulleres.

Contra estas problemáticas, dende o BNG solicitan aos concellos más implicacións para crear e impulsar plans de igualdade e infraestruturas que velen polos empregos das mulleres.

Ao marxe do que aconteza nas eleccións, o BNG levará ao vindeiro pleno de Vilagarcía unha moción para solicitar o cambio de nome da rúa Conde Vallellano por 8 de marzo, cumprindo así tamén coa lei de memoria democrática.

A formación nacionalista agarda o apoio de todos os partidos a esta moción. Tamén solicita o apoio da cidadanía para acudir ás manifestacións do 8 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí