En marcha as obras de reforma do parque do Campo da Torre para convertelo nun espazo ‘único’ na cidade

PONTEVEDRA> En marcha as obras de construción dunha nova zona de ocio infantil no Campo da Torre, en Pontevedra. O proxecto contempla a creación dun parque deseñado específicamente para este espazo, con xogos inclusivos e de creatividade. Tamén se mellorará a zona verde. A actuación conta cun prazo de execución de tres meses e un orzamento de 75.000 euros.

Xa están en marcha as obras de mellora da zona de ocio infantil do Campo da Torre, en Pontevedra. O proxecto que se executará está específicamente deseñado para este espazo.

Segundo explicou Puentes, instalaranse xogos inclusivos e de creatividade. Ademais, trátase dunha obra que aposta pola reutilización.

A reforma foi deseñada polo arquitecto Víctor Hermo. Actuarase na fonte, que se renovará coa creación de pequenas canles de auga. Tamén colocaranse troncos de madeira que se empregarán para realizar xogos de equilibrio e escalada. Ademais, restruturarase todo o espazo.

O proxecto contempla tamén a plantación dunha nova árbore que se utilizará como elemento de xogo, creando ao seu redor unha estrutura de madeira.

O prazo de execución é de tres meses e as obras contan cun orzamento de 75.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí