O fomento do emprego será un dos retos de José Ramón Romero se renova na alcaldía de Boiro

BOIRO> Ante un nutrido auditorio, na súa maioría militantes e simpatizantes do partido do puño e da rosa, José Ramón Romero, presentaba a súa candidatura ás eleccións municipais de maio.

Romero repetirá como cabeza de lista co reto de revalidar o bastón de mando. Na súa intervención destacou os logros realizados por el e o seu equipo nestes últimos catro anos, poñéndose coma obxectivo para este próximo mandato a construción de novas infraestruturas, entre elas a tan ansiada residencia da terceira idade, e principalmente o fomento da actividade empresarial.

No acto, contou co arroupo de destacados membros da formación a nivel autonómico e estatal, como é o caso secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o deputado e secretario de política federal do PSOE, Patxi López.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí