Comeza a brotación nos viñedos das Rías Baixas co risco de verse afectada polas xeadas

MEIS> Comeza a brotación nos viñedos das rías baixas. O inicio desta etapa continua adiantándose cada ano o que obriga a acelerar os procesos de poda. O risco de facelo tan cedo é que unha xeada podería afectar ao seu crecemento.

Nos viñedos das rías baixas xa se poden ver pequenas follas. Esta vexetación indica o comezo da etapa de brotación. A viña comeza o seu ciclo de vida.

A brotación continúa adiantándose cada ano, o risco que ten este feito é que aínda estamos en época de xeada.

Nesta época comezan a realizarse os primeiros traballos como o control da vexetación do chan pero tamén poden chegar a darse os primeiros tratamentos para evitar enfermidades.

Os traballos do chan poden facerse con total normalidade, o importante nesta época é que os viticultores preparen e limpen as ferramentas que serán necesarias nas vindeiras datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí