Unhas trinta embarcacións participarán na XXIII Regata Ramiro Carregal-Gran Trofeo Faro de Corrubedo

PORTO DO SON> Máis de trinta embarcacións xa confirmaron a súa participación na 23 edición da Regata Ramiro Carregal Rey-Trofeo Faro de Corrubedo que organiza o Real Club Náutico de Portosín.

Pertencente á clase cruceiro ORC e puntuable para a Copa Galicia de Clubs, a regata disputarase a última fin de semana de xuño, os días 24 e 25, e terá tres categorías en liza: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro.

Na presentación da proba tomou parte tamén o empresario ribeirense, Ramiro Carregal, que lle dá nome á regata. Na súa intervención aludiu ás orixes da proba, que, segundo el, naceu da amizade de dous clubs como son o de Portosín e Ribeira.

Dende a organización destacaron tamén o alto número de participantes nesta proba, dun gran nivel competitivo. Entre os favoritos a levarse a vitoria atópanse o último venceder da proba, o ‘Siradella’ de César Álvarez ou o ‘Corsario’ da Mariña Vilagarcía

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí