Porto do Son volveu as súas orixes durante unha multitudinaria Feira Celta

PORTO DO SON> O intenso calor rexistrado durante toda a fin de semana non foi impedimento para que miles de veciños e visitantes gozaran da Feira Celta de Porto do Son. Foron moitas as actividades de animación e espectáculos que se desenvolveron durante os tres días, con especial protagonismo para os pequenos da casa.

Un cento de postos integraban o mercado castrexo da Feira Celta de Porto do Son foi sen dúbida un dos centros neurálxicos desta cita festiva que congregou a miles de persoas no municipio sonense durante toda a fin de semana.

Ataviados con vestimenta de inspiración celta, participaron nas numerosas actividades que ofrecía a feira, especialmente para nenos con espectáculos de animación e obradoiros infantís. Os talleres de exhibición de oficios tradicionais foron outro dos principais reclamos con réplicas de antigas máquinas.

Ademais dos bufóns, orcos e demais personaxes que percorreron a feira animando o mercado durante as tres xornadas, destacaron as actuacións de gran formato.

Lume, tambores e conxuros celtas fixeron das propostas nocturnas un auténtico espectáculo para os sentidos dos asistentes que xa agardan a vindeira edición desta feira convertida xa nun referente en toda Galicia.