A veda do polbo pecha unha campaña marcada polas escasas capturas e altos prezos

RIBEIRA> Este venres comeza a veda do polbo. Durante corenta e cinco días non se poderá pescar o cefalópodo en augas galegas. O inicio da veda este venres pon fin a unha campaña desigual caracterizada pola escaseza de recurso e a elevada cotización. Dende a confraría de Ribeira seguen a reclamar a necesidade dunha veda subvencionada para evitar a saturación doutras artes e especies dada a numerosa flota que se dedica ó polbo. A pesar das xestións realizadas polas confrarías, este ano o paro non estará subvencionado.  Agardan que de cara á próxima campaña poidan contar con axudas durante a veda.