Os Rías Baixas presumen de Denominación de Orixe na sétima edición do Día Viño D.O.

PONTEVEDRA> Rías Baixas sumouse esta fin de semana á festa que uniu a todo o viño con Denominación de Orixe a nivel estatal. Máis de 150 persoas participaron do Día Viño DO 2023 que se celebrou na Praza da Pedreira. Houbo música, degustación de elaboracións de Rías Baixas e, por suposto, un brinde colectivo. Baixo o lema ‘Denominacións de orixe, patrimonio colectivo, 38 DOs (deós) españolas reivindicaron o seu papel no territorio.

Ás 1 e media do mediodía do pasado sábado a Denominación de Orixe Rías Baixas volveu brindar.

Máis de 150 persoas uníronse a unha nova convocatoria do Día Vino DO 2023. Dende a praza da Pedreira de Pontevedra os asistentes apoiaron o traballo das Denominacións de Orixe no territorio.

Baixo o lema ‘Denominacións de orixe, patrimonio colectivo’, 38 denominacións de toda España sumáronse á cita. En Pontevedra, ademais do brinde houbo degustación de elaboracións de Rías Baixas e tamén música en directo. O grupo Eladio y Los Seres Queridos puxeron a banda sonora a esta cita festeira pero tamén reivindicativa, para achegar ao público un dos produtos con maior calidade e prestixio do estado, como é o viño con denominación de orixe.

A Denominación de Orixe Rías Baixas celebra este Día Viño do dende a súa primeira edición, hai xa sete anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí