POBRA> O PP faise eco do malestar de moitos dos usuarios e clubs que a diario usan o pavillón polideportivo da Tomada.
Segundo eles as instalacións presentan numerosas e importantes deficiencias derivadas dunha mala conservación.
Entre os principais problemas que presenta o polideportivo destacan as fendas dos piares que suxeitan toda a estrutura, que provoca a entrada de auga nas pistas e nos vestiarios.
Dende o PP solicitaranlle ó equipo de goberno que se contemple unha partida nos presupostos para poder realizar unha actuación urxente e solucionar todas estas deficiencias.
Segundo os populares, a situación é aínda máis desesperada, xa que o polideportivo da Tomada é o único en funcionamento actualmente na Pobra, xa que o de Venecia leva pechado dende hai preto de tres anos por mor dunhas obras de mellora das instalacións que parecen non dar rematado.