A Pobra nega a falla de seguridade na rúa

A POBRA> O concello da Pobra nega unha falla de seguridade na vila tal e como denuncian os veciños tralos últimos roubos, algún deles con forza. Para o executivo a carencia de efectivos que a día de hoxe continúa no seo da plantel da Policía Local non é o problema.

Dende o Concello afirman que a vixilancia está garantida. A Policía Local segue a traballar cos efectivos que ten. A día de hoxe dous funcionarios, un deles o xefe, e tres auxiliares. Na medida do posible intentan cubrir as 24 horas do día, co reforzo e colaboración da Garda Civil.

Si están preocupados polo ‘modus operandi’ cometido nestes últimos roubos, polo método do tirón, tendo como vítimas a persoas de avanzada idade. O alcalde confía en que as investigacións que se están a realizar dean rapidamente os seus froitos.

Máis complicado está o reforzo inmediato da plantilla da Policía Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí