A Xunta non reabrirá a ponte de Pontearnelas ata non reparar todos os danos da estrutura

VILANOVA> Os técnicos da xunta traballan en Ponte Arnelas para coñecer as causas que provocaron os danos na ponte de Santa Marta. O tráfico polo viaduto e pola estrada que transcorre por debaixo están pechados ata que rematen as investigacións e se poida garantir o risco 0. A consellería de infraestruturas analizou que tomarán as medidas necesarias para restaurar a ponte.

Este dispositivo policial evita que ningún vehículo ou peón transcorran pola ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas, ou pola estrada que discorre por debaixo. O motivo son os danos estruturais aparecidos no viaduto. A xunta traballa na zona para coñecer as causas deste incidente.

A zona está acordoada para garantir a seguridade da veciñanza. Para o tráfico de vehículos xa se recomendan rutas alternativas.

Os técnicos manteñen as investigacións para coñecer se existe risco de derrubamento. A consellería advirte que a ponte non ser reabrirá ata que non haxa ningún risco. 

Unha vez establecidas as causas dos danos, a xunta traballará nas tarefas de reparación da ponte. Haberá que agardas as investigacións para coñecer as causas desta incidencia nunha ponte tan nova, xa que foi construída no 2017.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí