O socialista Xoán Pastor Rodríguez asume a alcaldía do Son trala aprobación da moción de censura

plenomocioncensurason__18112009.jpgPORTO DO SON> Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, do Partido Socialista, foi investido esta mañá como novo alcalde de Porto do Son despois de prospera-la moción de censura presentada conxuntamente polos edís do PSOE e do BNG. Baixo unha forte pitada de moitos dos veciños que enchían a casa de cultura o novo rexedor prometeu o seu cargo.

{flowplayer}barbanza/plenomocioncensura.flv{/flowplayer}

Como era de agardar os nove concelleiros do Son, cinco do Partido Socialista e catro do BNG, que presentaron a moción de censura en contra do ata o de agora executivo local, presidido polo popular Manuel Tomé, mantivéronse firmes na súa postura, provocando un cambio de goberno no concello. Os dous independentes, tanto Alternativa Veciñal de Porto do Son como Independentes por Porto do Son, abstivéronse.

Gran expectación

A alcaldía queda en mans agora do socialista Xoán Pastor Rodríguez. Aínda así o pleno celebrado na casa de cultura non estivo falto de polémica. Á sesión acudiron centos de veciños, ó redor duns trescentos, que encheron o aforo do edificio, pois non querían perderse nada do que alí acontecía.

Había dos dous bandos, favorables e detractores da moción de censura, estes últimos máis ruidosos. E segundo quen intervise no pleno os aplausos ou os pitos, deixábanse oír na sala.

Polémica intervención

O primeiro en tomar o turno de palabra foi o xa ex – alcalde Manuel Tomé. As súas primeiras palabras foron para o novo alcalde ó que lle criticou o feito de que non defendese a moción de censura. Posteriormente tratou de defende-la súa xestión ó longo destes máis de dous anos á fronte da alcaldía sonense.

O segundo en intervir foi o voceiro do Partido Socialista, o ex-rexedor Ramón Quintáns, encargado de defende-la moción de censura. Durante a súa intervención, que foi ademais a que maiores abucheos e gritos levantou dende o públcio asistente, xustificiou as razóns que levaron a socialistas e nacionalistas a presentar esta moción de censura.

Redacción Barbanza