![]()
PORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son reuniuse cos directores de obra da piscina municipal para abordar os erros detectados no proxecto.
{flowplayer}barbanza/estudotecnicospiscinason.flv{/flowplayer}
O alcalde de Porto do Son compareceu publicamente para saír ó paso das declaracións formuladas polo voceiro do PSOE nas que acusaba ó goberno de favorecer á empresa construtora a costa de incrementar o presuposto da piscina municipal.
Segundo explicou Luís Oujo, cando accedeu á alcaldía o proxecto xa estaba en fase de adxudicación e, segundo informe da arquitecta, a empresa COPCISA presentou a oferta máis interesante.
Adaptación á normativa
Unha oferta na que tamén se contempla unha partida para o plan de control de calidade, grazas ó cal se detectaron unha serie de erros que de non ser corrixidos impedirían a legalización das instalacións.
Dende o executivo están dispostos a, tal e como solicitaron dende a agrupación socialista, manter unha reunión co redactor do proxecto que se comprometeu a facer o reformado do proxecto con custo cero.
Sen embargo lembran que se trata dunha reforma non só do proxecto senón da obra e as actuacións que non están valoradas teñen un custo.
Á espera de que os técnicos redacten os planos coas correccións suxeridas pola consultora externa determinarase o orzamento necesario para a modificación. Entón, dende o concello buscarán vías de financiamento que permitan seguir adiante coas obras da piscina, xa que a súa paralización sería o último recurso.
Redacción Barbanza









