Unha exposición recolle os vinte anos de historia da Banda da Escola de Música de Rianxo

RIANXO> As persoas que se achegan estes días ó auditorio municipal poden visitar unha exposición retrospectiva que recolle os 20 anos da Banda da Escola de Música de Rianxo.

A través dunha fotografía por ano, cóntase a historia da agrupación…

A escolla de cada unha das instantáneas non foi sinxela, como tampouco o foi o feito de que a actividade da banda fose aumentando tamén co paso dos anos…

Ademais desta exposición a Banda da Escola programou tamén outras actividades para conmemorar o seu 20 aniversario, como é o caso do xantar de confraternidade ou o concerto celebrado o primeiro de maio na alameda…

Pero non serán estas as únicas citas, xa que, coincidindo co peche do ciclo de bandas que organizan tódolos anos polo verán, farán un concerto especial, no que tomará parte o grupo Barahúnda, que conmemora tamén este ano o seu 25 aniversario.

No apartado de agradecementos, a Escola de Música de Rianxo destaca o apoio e colaboración do Concello, ós mestres que forman ós rapaces…ás familias, pero sobre todo ó público…

Coma retos de cara ós vindeiros ano, a Escola busca seguir fomentando o gusto pola música na localidade, e crear canteira, algo que visto o visto, xa o ten máis que encarrilado…parabéns  e a seguir medrando…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí