O PSOE de Poio vixiará dende a oposición que o PP siga adiante cos proxectos clave que xa están en marcha

POIO> Agridoce é a sensación que as eleccións do pasado domingo deixan no Partido Socialista de Poio. A formación conseguiu coa candidatura de Gregorio Agís o seu mellor resultado no municipio, acadando os catro concelleiros e superando o resultado do BNG. Pero aínda así son insuficientes para chegar a alcaldía, que ocupará o Partido Popular de Ángel Moldes tras facerse coa maioría absoluta. Os socialistas abren agora unha etapa na que serán o primeiro partido da oposición.

As eleccións municipais do pasado domingo deixan dúas lecturas para o Partido Socialista no concello de Poio.

O gañador foi o candidato do Partido Popular. Ángel Moldes subiu dos oito concelleiros aos 10, asinando unha maioría absoluta histórica para a formación. O BNG non aguantou e caeu dos 5 aos 3. O Partido Socialista pasa dos 3 aos 4, converténdose na primeira forza da oposición.

Facendo balance deste último mandato, Agís considera que o seu equipo puxo en marcha proxectos fundamentais para o municipio. O líder socialista asegura que dende a oposición velarán pola súa execución.

Concelleiro en Poio dende o ano 2007, cando tamén asumiu o cargo de edil de Promoción Económica e Medio Ambiente, Gregorio Agís non se plantexa retirarse. Durante os vindeiros catro anos, a oposición do Partido Socialista contará co seu liderado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí