BARRO> A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha en Galicia unha campaña centrada nos usuarios máis vulnerables das estradas. O obxectivo é reducir a sinistralidade entre peóns, ciclistas e motoristas. A iniciativa foi presentada esta mañá en San Amaro, no concello de Barro, lugar de paso de numerosos peregrinos no seu Camiño a Compostela. A Garda Civil e a subdelegada do Goberno en Pontevedra entregáronlles chalecos reflectantes para facelos máis visibiles e reducir os riscos.
Peóns, ciclistas e motoristas son os usuarios máis vulnerables das estradas. No que vai de 2023, catro falecidos nas vías interurbanas da provincia de Pontevedra pertencían a este grupo.
A nova campaña da DXT en Galicia busca concienciar destes riscos. Durante unha semana repartiranse chalecos reflectantes a estes usuarios para facelos máis visibles cando compartan estradas cos vehículos.
A iniciativa comezou hoxe en San Amaro, no concello de Barro, lugar de paso de numerosos peregrinos no seu Camiño a Compostela. A Garda Civil e a subdelegada do Goberno entregáronlles estes chalecos e material informativo con recomendacións e normas.
Xa equipados, os peregrinos continuaban o seu percorrido a Santiago sendo moito máis visibles para os vehículos. Así as cousas, coincidiron en sinalar que o trazado do Camiño lles parece seguro.
Porque o fundamental é garantir a seguridade no Camiño para que a principal preocupación dos peregrinos sexa celebrar esta experiencia.