A campaña electoral cara as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio tamén comezou nas comarcas do Salnés e Caldas. Os candidatos dos diferentes concellos realizaron na madrugada deste venres a tradicional pegada de carteis. Nestas comarcas son 66 os candidatos e candidatas que aspiran ás alcaldías dos 17 concellos.
A campaña electora xa está en marcha. Os partidos políticos dos diferentes concellos das comarcas do Salnés e de Caldas realizaron na madrugada deste venres a tradicional pegada de carteis. En total nestas comarcas serán 66 os candidatos e candidatas que aspiran a facerse coa alcaldía de 17 concellos.
Na capital do Salnés, en Vilagarcia, o partido socialista de Alberto Varela tentará conseguir unha nova maioría absoluta. Para evitalo, en fronte terá ao Partido Popular, ao Bng, a Mara da vila, esquerda unida e a vox.
Co mesmo obxectivo partirán os socialistas do Grove e da Illa. No caso do concello meco, os PSdeg competirá co Partido Popular, Esquerda Unida, o BNG, o Partido Galeguista e Podemos. Na Illa repiten o PP eo Bng.
Outros concellos liderados polos socialistas pero sen maioría son Cambados e Meis. En Meis, Marta Giráldez terá enfronte a o PP, ao Bng e a Vox. Partidos que tamén intentarán arrebatar a alcaldía a Samuel Lago xunto con Somos Cambados e Cambados Pode.
No caso do Partido Popular, a formación lidera con maioría absoluta Vilanova e Sanxenxo, e tanto Telmo Martín con Gonzalo Durán sairán aos comicios tentando acadar o mesmo éxito En ambas vilas o PSoe e o Bng tamén buscan a alcaldía. Ademais en Sanxenxo preséntase Podemos e en Vilanova, a nova formación Renova Vilanova.
Os populares tamén intentarán conseguir a maioría absoluta en Ribadumia. A formación estará agora liderada polo actual alcalde, David Castro e o seu equipo, que se sumaron ao Partido Popular. Somos Ribadumia e o PSOE, antigos compañeiros de goberno, estarán en fronte. Ao igual que o BNG e o novo partido Xuntos por Galicia.
Unha praza moi aberta é a de Meaño. O actual alcalde, Carlos Vietez, agora nas filas de Veciños de Meaño trala súa expulsión do PP, busca repetir éxito contra os populares, Meaño Independiente, o PSOE e o Bng.
Na comarca de Caldas, na súa capital, o partido socialista busca revalidar a alcaldía fronte ao Partido Popular e o BNG. Na mesma situación atópase o concello de Cuntis contra os mesmos adversarios políticos.
Pola súa parte, os populares gobernan en Valga e Portas con maioría absoluta. Resultados que tentarán manter contra a oposición de PSOE e Bng. No caso de Valga ademais tamén terán en fronte a Valga Viva.