O pleno aproba a municipalización do aparcadoiro do Centenario pero rexeita as tarifas e o regulamento interno

RIBEIRA> A convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar definitivamente a memoria de municipalización do párkin do Centenario motivou as críticas dos grupos da oposición que non comparten a urxencia por sacar adiante este asunto en plena campaña electoral. Urxencia que o goberno xustifica na necesidade de axilizar un procedemento que se demora xa máis dunha década.

Eran tres os puntos relativos á xestión do aparcadoiro. O primeiro a aprobación da memoria de municipalización que saíu adiante cos votos a favor do PP e BNG, a abstención do PBBI e os votos en contra de Suma Ribeira e PSOE que rexeitan a subrogación do persoal a través dunha empresa privada.

Non correron a mesma sorte a aprobación inicial da ordenanza reguladora do prezo público e do regulamento interno; dous puntos que se atoparon co rexeitamento total da oposición. Con respecto ás tarifas, criticaron o encarecemento do servizo ou a falla de bonificacións para os veciños daquelas parroquias peor comunicadas a través do transporte públic co centro urbano.

O alcalde non entende os votos en contra a estes dous puntos cando se trata dunha aprobación inicial que suporía o inicio dunha fase de exposición pública para a presentación de alegacións para a mellora tanto da ordenanza como do regulamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí