Samuel Lago presenta un programa electoral ‘con proxectos factibles e reais’

CAMBADOS> Completar o saneamento e pavimentar os camiños rurais nas parroquias, aumentar os espazos deportivos e renovar as rúas son as principais promesas electorais de Samuel Lago para o concello de Cambados. O socialista defende que continuará coa súa xestión baseada na escoita á veciñanza e na realización de proxectos factibles e reais. O actual alcalde de Cambados anunciou o seu programa arroupado polo seu equipo e por membros da formación a nivel autonómico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí