VILAGARCÍA> O Parido Popular de Vilagarcía deulle á volta ás enquisas e os resultados electorais do 2019 e consegue ser o partido máis votado da vila. A formación liderada por Ana Granja ascende dos 5 aos 9 concelleiros e iguala aos socialistas, que perden a maioría absoluta que tiñan con 12 edís. Aínda así, a maioría de forzas de esquerda na corporación permite a Alberto Varela conseguir apoios para manterse na alcaldía.
As eleccións municipais de Vilagarcía deixaron un resultado que moi poucos predeciron nas súas quinielas. O Partido Popular liderado por Ana Granja ascende dos 5 aos 9 concelleiros e se converte na forza máis votada da vila.
Pola contra, o partido socialista perde a maioría absoluta e baixa dos 12 aos 9 concelleiros, os mesmos que o partido popular pero con menos votos. Dende a formación fan autocrítica e sinalan que tamén é resultado do aumento de apoios ao PP en todo o territorio nacional.
A pesar da caída de votos e concelleiros do PSdeG, as forzas de esquerda seguen sendo maioritarias na corporación de Vilagarcía con dous edís do BNG e un concelleiro de Esquerda Unida. As formacións deberán agora chegar a acordos.
Todo fai indicar que Alberto Varela seguirá sendo o alcalde de Vilagarcía, pero o actual rexedor non quere por agora falar de pactos.
Ana Granja tamén se sentará a falar coas diferentes formacións políticas para apurar as súas opcións de optar a alcaldía, pero é consciente das dificultades que terá para acadar calquera tipo de acordo cos partidos da esquerda.