Empresarios e clientes protagonizan a nova campaña da ABE ‘Xuntos Sumamos’

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios lanza unha nova campaña baixo o título ‘Xuntos Sumamos’. Está protagonizada por diversos empresarios e clientes que amosan o carácter multisectorial da patronal boirense.

As rúas de Boiro contan dende hoxe con dezaseis novos protagonistas. Son oito empresarios e oito clientes que se converteron na imaxe da nova campaña da ABER ‘Xuntos Sumamos. A campaña física, composta de carteis repartidos pola rúa peonil e dúas pancartas de gran formato na fachada da praza de abastos, vai acompañada da promoción dixital a través das redes sociais.

Dende o concello colaboran con esta, e con outras moitas iniciativas, impulsadas pola ABE encamiñadas a dinamizar non só o comercio senón os demais sectores económicos de Boiro.

A maiores poranse en circulación dúas mil bolsas de algodón que se distribuirán gratuitamente entre os clientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí