SANXENXO> O sector turístico de Sanxenxo pendente das eleccións xerais para ver como lles afecta en canto á visita de clientes. Os hoteleiros indican que polo de agora non están recibindo cancelacións pero si cambios de datas para evitar o risco de que te toque nunha mesa electoral en metade das vacacións. Consideran que se podía haber establecido outra fecha para non afectar ao turismo pero aínda así creen que o verán en Sanxenxo volverá ser de récord.
A tempada alta comeza para o sector turístico neste mes de xuño. As reservas xa están a multiplicarse nos hoteis especialmente para os meses de xullo e agosto. As expectativas para os hoteleiros de Sanxenxo son moi boas.
Despois dos anos marcados pola pandemia, o verán anterior aínda había certas precaucións, esta época estival chega coa normalidade absoluta. As previsión do sector son as mellores pero o adianto electoral ponos en alerta.
As empresas toman medidas para que os visitantes non teñan medo á hora de pechar os seus viaxes e poidan cancelalos en caso de formar parte dunha mesa electoral. O sector aconsella pechar con axencias e con seguros para evitar que as cancelacións supoñan perdas.
Ata que non cheguen as convocatorias para asistir ás mesas electorais non se saberá con exactitude canto afectará ao sector turístico. Aínda así, os hoteleiros manteñen a esperanza de que este vai ser un bo verán tanto na afluencia de xente como na rendibilidade das empresas turísticas.