![]()
PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra, xunto coa concelleira de deportes Anxos Riveiro, felicitou esta mañá á triatleta pola súa recente consecución do Campionato de España por Autonomías.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibíu esta mañá na casa do concello á triatleta Saleta Castro. O motivo, a súa recente consecución do título nacional no Campionato de España por Autonomías.
Esta competición desenvolveuse a pasada fin de semana en Cangas e nela Galicia venceu tanto en categoría masculina como na femenina. Saleta Castro foi a segunda mellor entre as galegas, rematou o triatlón en 14ª posición, un resultado que foi determinante para acadar a victoria final.
Hoxe, Fernández Lores, acompañado pola edil de deportes Anxos Riveiro, felicitou a Saleta tanto por este como por outros éxitos obtidos nos últimos meses así como lle augurou o mellor dos futuros nesta especialidade tan dura como o é o triatlón.
Redacción Salnés







