Abre as súas portas en Ribeira a Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

RIBEIRA> Dende hoxe e ata o domingo poderá visitarse en Ribeira a Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico.

A cita, situada na céntrica praza de España, está organizada pola patronal local en colaboración co Concello.

Trátase xa dunha cita consolidada, que permite dar a coñecer as novidades do motor en materia de mobilidade sustentábel, eficiente e respectuosa co medio ambiente.

Este mediodía tiña lugar a súa inauguración oficial, acto ó que asistiron diversas autoridades locais, entre as que se atopaban o propio presidente da asociación, Francisco Martínez, e o alcalde en funcións, Manuel Ruíz.

A Feira, na que están presentes ata un total de trece marcas, un número superior ó de edicións anteriores, prolongarase ata o domingo.

A entrada é de balde e o seu horario será ininterrompido de dez da mañá a oito da tarde.